domingo, 16 de julio de 2023

Ruta dos Boieiros

 Rôta dos Boieiros Río Eo Valeira-Benavente


Ano 1864, Antonio Díaz Morán (posteriormente concelleiro e fiscal en Valeira, e con anterioridade recadador de rendas da casa Pedrosa-Ulloa) xuntamente cos seus axudantes, levan dende Valeira a recén inaugurada estación de ferrocarril de Benavente, un fato de bois , xatos e, vacas seniles, a embarcar a este porto viario, pra súa comercialización por España adiante, dado o alto consumo de carne e tiro animal que, xenera a nacente revolución industral: minas, siderúrxicas, fábricas textiles, construción das nacentes cidades...,.
Sendo os afamados e potentes bois galegos os motores de tiro nas minas, nas canteiras, nas ferreirías, nas serras, no agro berciano e de outras partes do territorio espanol, facendo eles a tracción primixenia dos comezos da revolución industral.
Foi este emprendedor valeireño a día de hoxe, o pioneiro que temos decumentado neste tipo de expedicións ás estacións de tren; primeiro a Benavente, despois a Ponferrada e, derradeiramente a Toral dos Vados; segundo ían avanzando os camiños de ferro, pois a Lugo capital tardaron máis en chegar os avances ferroviarios; asemade Toral caía máis preto destas zonas da comarca da Fonsagrada e os Ancares, onde Antonio Díaz Morán, mercaba as reses pra, logo vendelas ós tratantes chegados as estacións de diversos puntos da España, moitas veces xa previa encarga, pra logo seren trasladados ós lares de destino, ben fosen pra carne, ou bois de tiro.
Asemade, a casa Pousada do Boieiro de Esgrade, Valeira, Lugo, hoxe é a única e senlleira casa pousada  museo etnográfico, adicada o nobre oficio de boieiro.

https://www.elprogreso.es/articulo/a-montana/bois-que-uniron-baleira-benavente/202306051348441671148.html



https://af2toral.wordpress.com/2022/09/22/af2-colabora-en-el-libro-rota-dos-boieiros/

https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=pfbid02FogkamCUuNih7dESpU6mJr1PjPvbLc3gnEnhg1D5VL6yJD5AA9339oQf2XJ9iDqRl&id=100004598073055

https://www.libreriatrama.com/es/libro/rota-dos-boieiros-rio-eo-valeira-benevente_385966


https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=pfbid02Qqg9qvn3P6NmUkg1PZSqkWf2hTwc8a27cXutKBaLAGWgpCUytmUJLn1peA2p7Etil&id=100091459924447


https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=pfbid02VdQ1kYi24gyqjRKw9m6ZKSXfR2jBVNWgdfMuxrny6wmw8AxyeZpNyHwNr4x944XXl&id=100091459924447


https://www.facebook.com/100033777758251/posts/pfbid03mPzxtgaVz2MrnGHj2CX613G2NUuYNAAWCXcJ6qt2gKy5knzLsKC6wNzPZGiCoyJl/?app=fbl



https://www.facebook.com/100033777758251/posts/pfbid03mPzxtgaVz2MrnGHj2CX613G2NUuYNAAWCXcJ6qt2gKy5knzLsKC6wNzPZGiCoyJl/?app=fbl


https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=pfbid03mPzxtgaVz2MrnGHj2CX613G2NUuYNAAWCXcJ6qt2gKy5knzLsKC6wNzPZGiCoyJl&id=100033777758251
https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=pfbid02D1WWZ34G7Yi4U9KLmPNzTDXYfZxT8z9eSdZwwtSNqYs1MNE3AY2ReBn7sniBCk9zl&id=100080367948639

https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=pfbid0KnEH9pLt7zPNeSHrPBVZWSudtJJC9jntuPy92fWob2YU8oaDqP6J9mSQEpBSyCrDl&id=100005041092002

https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=pfbid0TeyA6qYi4V9JREAAfG8ssXjF8HQkDJmqEW4i67P4vyh8js6TAGxmvon452X4yhgAl&id=100004598073055

https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=pfbid02YbReHygHuNGg7zqHheytnH7b32kstEb89Hz1GBAq1qocs3sLzug2tQTxQKwNAo4rl&id=100004598073055


DE LIMIAR: UN XUGO DE BOIS 


Benvida sexa a xente que deixa memoria de que a Galiza existiu, e de que existe  o noso  rural, dando fe de que tamén viviu e vive.

Cando os antepasados nosos amansaron os cabalos e os bois, e os puxeron de motores de arados e de carros, aquelo era tecnoloxía punteira do momento.

Cando aos meus 10 anos me tocou despedirme do último xugo de bois que, houbo na casa do Xabón en Susao, Sindrán, Monforte de Lemos, quedei tristeiro, como se fora unha ruptura familiar con alguén moi próximo da miña nenez. Dende que teño acordo, na nosa casa sempre houbo un xugo de bois que, se chamaban Morito e Castaño. Se había que relevalos aparecía outro xugo ou parella, que se seguirían chamando igual que os anteriores; e en realidade case sempre tiñan esas cores predominantes.

O día da despedida, estabamos na Serra da Medorra, no camiño do carro, e ao pé do Carballo do Cortizo, estabamos con meus pais e meus irmáns rematando de cargar unha carrada de carrascos, aqueles rebolos eran para cocer o caldeiro dos marraos, que estaba na cociña vella, tamén esa leña era moi boa  pra asar unha castañiñas.

Quixo Deus, que aquel día, pasase un tratante por alí, era o Garrido das Fontes, da parroquia de Reigada, levaba vaca e, un xato pequeno de dous meses máis ou menos. Parou o Garrido a falar cos meus pais, e fixeron un troco: el levaría os bois, e deixaríanos a vaca e o xato, ademais dalgún diñeiro. O Castaño e o Morito fixeron aquel derradeiro servizo para a casa do Xabón, levaron aquela carrada de carrascos pra casa. Era preto do mediodía, e xunto co carro, baixamos da Medorra en procesión toda a familia da casa do Xabón: os bois, as vacas, as ovellas, a burra, o can, meus pais, meus irmáns, miña tía Encarnación e máis eu.

A vaca Rubia que traía o Garrido, e que a tiña de “a medias” na casa do Macía de Cobos, non sei se viña bautizada ou a bautizamos nós; o xato estivo varios anos na casa e, sempre se chamou O Xato. En realidade era marelo, e hoxe podería ser premiado nos concursos de Raza Rubia Galega. Non se capou, e deixou herdeiros, maiormente herdeiras, por toda a parroquia.

Ao pouco tempo souben porque meus pais se desfixeran daquel xugo de bois. Meu pai emigrou para Alemaña.

Lémbrome dos bois de Seoane do Courel: sería polo ano 1967 ou 68. Un compañeiro de estudos, Luís Manuel Rodríguez Pérez, que hoxe anda de crego pola diocese de Lugo, el  e máis eu falamos co poeta Manuel María, en Monforte de Lemos, para que nos facilitara coñecer a Uxío Novoneyra en persoa. Así foi. Un domingo que era día de feira en Seoane do Courel, aparecemos como estaba previsto na devandita feira, onde nos agardaba Novoneyra,  este  convidounos a unha cunca de viño tinto, e mentres recitounos coa súa voz grave uns poemas. Impresionoume, o de “O Vietnam canto”. Precisaba, dicía el, estar ollando para a devesa de Paderne e ver ós bois e as vacas no praus para recitar. E sen perder atención polos versos, ollei dúas parellas de bois na feira. Levaba anos sen ver bois na feira. A poucos quilómetros de alí tiña visto moitos e moi guapos, tamén nas feiras do día dous na estación da Pobra do Brollón e, o día once na propia Pobra.

Lémbrome agora dos bois do Jacinto: 

Como vai reflectido no libro, nos tempos pasados do noso rural había xa moita produción, moito comercio e moitos sistemas organizados para, que a sociedade galega tanto no mar,  coma no monte, ou nas ribeiras, intercambiara mercadorías e produtos, tanto de  dentro coma de fóra da Galiza. Disto sabían moito os boieiros, os tratantes, os arrieiros, os canteiros, os segadores, os afiadores, e as amas de cría que ían a Madrid...

Xa de adolescente, tocoume pasar algunha tarde na estación de RENFE de Monforte de Lemos, ía cun amigo dun carneireiro, Manolo, axudándolle a embarcar na dársena da estación ovellas e carneiros. Alí pegado tiña as cortes de vacas e bois Jacinto Ugarte Larrea, un boieiro vasco moi coñecido na comarca de Lemos, e tamén nas terras ourensáns de Maceda, e nas do macizo central ourensán. O Boieiro Jacinto, enchía de bois varios vagóns do tren, aquelas reses ían todas para Euskadi. Os seus bois eran elegantes e fortes, o mésmo que era el, coa vestimenta de xateiro e debaixo daquela chapela. Quen lle dera a moitos influencers de hoxe, ser tan recoñecidos e, valorados como era o Jacinto!.

Polos anos noventa, tocoume pasar algunha tarde polas parroquias do macizo central ourensán. En Chandrexa da Queixa todos se acordaban de Jacinto, e dicían: “deses homes xa non quedan, era un home de palabra, o mesmo se lle podían dar uns bois ao fiado que os pagaba por adiantado”. Quen nos dera hoxe un banco deses!.

Quero relenbrar tamén os bois do San Froilán:

Nas festas e feiras de San Froilán en Lugo de 2007 e 2008, por iniciativa da Consellaría do Medio Rural e, co apoio de institucións e asociacións gandeiras, retomouse un desfile de gando selecto, semellante ao que se facía nos tempos do veterinario Rof Codina.

As parellas estrela, eran os bois do Luís da Casela de Samos, criados ao pé do río Louzara, e mailos de Mario de Quiroga. Uns trasladaron polo casco histórico un carro de toxos, e os outros un carro de polas de carballo.

Despois de paceren e amansarense nos montes de Quiroga e, nas ribeiras do río Louzara, remataban indo de atletas a competir no arrastre de pedras en Euskadi.

Foran de raza Rubia, Vianesa, Frieiresa, limiaos ou caldelaos,  aquelas xugadas de bois tiñan que semellar xemelgos, e as cornas aliñadas, o pé firme, o paso acompasado, e a testa ergueita; a ollada, como din os poetas: “mansa e profunda”.

Traballos coma os que se presentan neste libro, son urxentes en Galiza neste intre. O noso mundo rural de 200 anos atrás, fixo un convivio de humanos e natureza, do que temos moito que acordarnos e aprender. Os vellos, os netos deles, e os e as que están polo medio, temos que recrear e recordar un pasado non tan lonxano. Este senlleiro estudo de María Cando, Tino de Díaz, e Antón Cando, é moito máis ca un traballo, é unha obra.


Emilio López Pérez (Milucho)




          RÔTEIRO ETAPAS

Etapa 1.  Esgrade-Teillalle 13,69 Qm.:                                                     
Esgrade, Real de San Paio, Valdeirexe, Fonteo,  o Chau, A Preira de Libran, Aldegunde, Vilaselle, O Cádavo, A Esperela, Corveira, A Peza, O Lago de Vilar, Teilalle.
Etapa 2. Teilalle-Liber Pontes de Gatín, 21Qm.: 
Teilalle, Quintá, Camporredondo, A Pena, O Mazo, Arzal, Nartín, Arco, Cadoalla, Saa, Ouselle, a Borquería, As Pontes de Gatín.
Etapa 3.  Liber As Pontes de Gatín-Vilarello, 20,10 Qm.:
 A Golada, Vilacote, A Chá, San Tomé, Vilafría, Lama de Rei, San Martín das Cañadas, O Fabal, Riande, Vilanova, As Casas do Río, A Ponte de Doiras, Vilarello.
Etapa 3 Bis.  (variante de primavera) Liber Pontes de Gatín-Vilarello, ou Valboa
Liber Pontes de Gatín, San Tomé, camín do monte, Ferrería dos Bois, O Cumial, o Portelo, ou ir a Valboa, ou a Vilarello, (a elexir por preferencias culturais)

Etapa 4. Vilarello ou Valboa-Vega de Valcarce, 18,22 Qm.:
- Vilarello da Igrexa, O Portelo,  Veiga de Valcarce (Travesía de montaña primaveral)         -Porcius, Paraxis, Rioferro, Teixeira, Vega de Valcarce.   (Rôta local do estraperlo)                   -Vilarello, O Portelo, Valboa, Vega de Valcarce (travesía de invernía)
Etapa 5.  travesía de inverno, Valboa-Veiga do Valcarce, 19Qm.: 
Castiñeiras, Vilanova, La Braña, Ransinde,  Ruitelán, Veiga do Valcarce.
Etapa 6. Veiga do Valcarce-Toral dos Vados, 21,95Qm.:
 Veiga do Valcarce, Ambasmestas Vilafranca, Corullón, Toral dos Vados.
Etapa 7. Toral de los Vados-Ponferrada 17Qm:
 Vila de Palos, Posada del Bierzo, La Placa, Flores del Sil, Ponferrada 

Observacións:
A Ponferrada-Benavente; hai por carretera 126,06, sendo este o itinerario por estrada o seguinte:   Torre del Bierzo, Astorga, Riego de la Vega, Toralino, Toral de Fondo,  San Mamés de Vega,  San Martín de Torres,  Cebrones del Río, Valcabado del Páramo, Pozuelo del Páramo, La Torre del Valle, San Román del Valle, Benavente. 
A Ponferrada-Benavente; hai 97Qm, en liña reuta, vai por lares moi  despoboados. (Estas etapas hai que estudalas polo miúdo pra, promediar axeitadamente a rôta)

 Etapa 8. Ponferrada-Bembibre 17,44Qm.:
 La Borreca, Calamocos de San Miguel de las Dueñas, Castropodame, Matachana, Socuello, Bembibre.
Etapa 9. Bembibre-Combarros, 25,8 Qm.: 
Bembibre, Las Ventas de Alvares,  Torre del Bierzo,  la Silva de Montealegre, Manzanal del Puerto, Veldedo, Quintanilla de Combarros, Combarros.
Etapa 10.  Combarros-Celada 18,52Qm.: 
Combarros, Prodorei,  Requeijo de de Pradoreei, Valdeviejas, Astorga, Celada

Etapa 11. Celada- La Palacios de la Valduerna 22,38Qm.:
 Pozuelo del Páramo, Riego de la Vega, Toralino de la Vega, Toral de Fondo, Palacios de la Valduerna.
Etapa 12 La Palacios de la Valduerna-Pozuelos del Páramo 20,13Qm:
 Palacios de la Valduerna, San Martín de Torres, Cebrones del Río, Valcabado del Páramo, Pozuelos del Páramo.
Etapa 13. Pozuelos del Páramo-Benavente, 23,37Qm.: 
Pozuelos del Páramo,  San Adrián del Valle, Pobladura del Valle, Torre del Valle, Paladinos del Valle, Villabrázaro, Benavente. 



Ríos no decurso da Rôta dos Boieiros: 

Rego do Carrizal
Rego da Esperela
Rego da Férveda
Río Boeza
Río Burbia
Río Cancelada
Río Cogollos
Río Cúa
Río Combarros
Río Duerna
Río Eo
Río Esla
Río Jerga
Río Narón
Río Navia
Río Neira
Río Sil
Río Tera
Río Tuerto
Río Valcarce

Rôta dos Boieiros
Cocellos polos que pasa:

1 Valeira (Lugo)
2 Baralla
3 Becerreá
4 Cervantes
5 As Nogais
6 Valboa (León)
7 Vega de Valcarce 
8 Villafranca
9 Corullón
10 Toral de los Vados
11 Ponferrada
12 Bembibre
13 Torre del Bierzo
14 Villagatón
15 Brazuelo
16 Astorga
17 San Justo de la Vega
18 Riego de la Vega
19 Palacios de la Valduerna
20 La Bañeza
21 Cebrones del Río
22 Reperuelos del Páramo
23 San Adrián del Valle
24 Pobladura del Valle (Zamora)
25 Villabrázaro
26 Benavente



ALGO DA LINGUAXE DOS BOIEIROS 

Cómpre saber algo tamén da linguaxe e tácticas dos boieros, tratantes, chalás ou xateiros; nomeamentos que foron evolucionando tralo decorrer do tempo.
Entre as tácticas do trato atopamos: 

-E logo, canto pides por este cuxo?
-Non vale eso, non ho!
-ofrézoche esto, e vas ben, que non val   máis!
Dar voltas pr`aquí e pra colá. Marchar pra fóra da corte e, polo camín adiante. Recuar outra vez atrais e, dar unha ofreta mellor. 
-Mirarlle a dentamia ó gando, -apalparlle a barriga e as costas. -Erguerlle o rabo.
-Venda a vulto, e venda a peso de romana.
-Dala mau para pechalo trato.

Ditos e refrás:

Máis vale onza de trato quê libra de traballo
Quen ben mantén ben trata
A xato fraco todos son malos tratos
Xateiro e chalán pouco ofrecen e pouco dan
A vaquiña polo que vale
 A cabalo regalau non lle mírelo dente



Bois e vacas
Ó monte andan,
I`ê moscan
Entr'os toxos
I`as xestas 
Rañándose 
Os tabaus.

(Acróstico Antón Cando)

Faite miña manteiga
Da vaca marêla
Que pace no monte
E bêbe na rêga.

(Cantada por miña avôla Dolores, e tamén por miña nai María do Candín,  cando xunto con nós, os catro irmaus,  dabamos ó veu da manteigueira)


CANCION DE UNA GENTIL DAMA Y UN RÚSTICO PASTOR

Pastor, que estás en el campo
de amores tan descuidado,
escucha a una gentil dama
que por ti se ha desvelado.
Conmigo no habéis hablado,
responde el villano vil;
tengo el ganado en la sierra,
y a mi ganadico me quiero ir.
Pastor, que comes centeno,
y usas cuchara de palo,
si tomaras mis amores,
comieras pan de regalo.
A buen hambre no hay pan malo,
responde el villano vil;
tengo el ganado en la sierra,
y a mi ganadico me quiero ir.
Pastor, que estás avezado
a dormir en la retama,
si te casaras conmigo,
tendrías gustosa cama.
Vete a esotra puerta y llama,
respondió el villano vil;
tengo el ganado en el monte,
con mi ganadico voy a dormir.
Deja la sierra y su nieve,
que tu frío me da pena;
ven, caliéntate a mi fuego,
tendrás una noche buena.
Mal se os guise la cena,
responde el villano vil;
tengo el ganado en la sierra,
y a mi ganadico me quiero ir.
Mi ganadico y el tuyo
pastarán en prado llano;
juntos han de retozar
largas siestas del verano.
Mas que te muerda un alano,
respondió el villano vil;
bien se está el mío en la sierra,
y el tu ganadico en su buen redil.
Tres viñas de tierra buena
te daría en casamiento,
una haca y un jumento;
cabras cien y una colmena.
Nunca llueve como truena,
respondió el villano vil;
tengo el ganado en la sierra,
y a mi ganadico me quiero ir.
Entenderme tú no quieres;
nos des prisa en ir al hato;
comerás, pues te convido,
de mi misma te hago el plato.
No quiero pagar el pato,
respondió el villano vil;
bástame comer mis migas,
y a mi ganadico tengo de ir.
Más es que la de la nieve
de mi cuerpo la blancura;
rostro de leche y coral;
delgadita en la cintura.
Mucho bueno poco dura,
responde el villano vil;
tengo el ganado en la sierra,
y a mi ganadico me quiero ir.

El cuello tengo de garza,
los ojos de un esparver,
las teticas agudicas,
que el brial quieren romper
No me puedo detener
por más que tengas ahí.
Mi ganado está en la sierra,
y a mi ganadico tengo de ir.
Desecha de la dama,
que dice con enojo:
¡Oh, malhaya el vil pastor
que dama gentil le ame
y le requiebre de amores,
y él se vaya aunque le llame!
El buey suelto bien se lame,
respondió el villano al fin,
y por más que me dijeres,
con mi ganadico me quiero ir.
(Romance pastoril  recollido por Ramón Menéndez Pidal)


VIENTOS del pueblo

Vientos del pueblo me llevan,
vientos del pueblo me arrastran,
me esparcen el corazón
y me aventan la garganta.
Los bueyes doblan la frente,
impotentemente mansa,
delante de los castigos:
los leones la levantan
y al mismo tiempo castigan
con su clamorosa zarpa.
No soy de un  pueblo de bueyes,
que soy de un pueblo que embargan
yacimientos de leones,
desfiladeros de águilas
y cordilleras de toros
con el orgullo en el asta.
Nunca medraron los bueyes
en los páramos de España.
¿Quién habló de echar un yugo
sobre el cuello de esta raza?
¿Quién ha puesto al huracán
jamás ni yugos ni trabas,
ni quién al rayo detuvo
prisionero en una jaula?
Asturianos de braveza,
vascos de piedra blindada,
valencianos de alegría
y castellanos de alma,
labrados como la tierra
y airosos como las alas;
andaluces de relámpagos,
nacidos entre guitarras
y forjados en los yunques
torrenciales de las lágrimas;
extremeños de centeno,
gallegos de lluvia y calma,
catalanes de firmeza,
aragoneses de casta,
murcianos de dinamita
frutalmente propagada,
leoneses, navarros, dueños
del hambre, el sudor y el hacha,
reyes de la minería,

señores de la labranza,
hombres que entre las raíces,
como raíces gallardas,
vais de la vida a la muerte,
vais de la nada a la nada:
yugos os quieren poner
gentes de la hierba mala,
yugos que habéis de dejar
rotos sobre sus espaldas.
Crepúsculo de los bueyes
está despuntando el alba.
Los bueyes mueren vestidos
de humildad y olor de cuadra;
las águilas, los leones
y los toros de arrogancia,
y detrás de ellos, el cielo
ni se enturbia ni se acaba.

La agonía de los bueyes
tiene pequeña la cara,
la del animal varón
toda la creación agranda.
Si me muero, que me muera
con la cabeza muy alta.
Muerto y veinte veces muerto,
la boca contra la grama,
tendré apretados los dientes
y decidida la barba.
Cantando espero a la muerte,
que hay ruiseñores que cantan
encima de los fusiles
y en medio de las batallas.

Miguel Hernández.



O  CARRO

Non canta na Chá ninguén.
Por eso o meu carro canta.
Canta o seu eixo tan ben
que a señardade me espanta.
Non hai canto tan fermoso:
fino como un asubío.
Anque é, ás vegadas, saudoso,
faise, no ar, rechouchío.
O meu carro é cerna dura:
sábese carballo e freixo.
¡Que fermosa a súa feitura!
¡Que lixeireza a do eixo!
As cousas vanse aledando
por onde o meu carro pasa.
¡Carrétame herba pró gando!
¡Traime a colleita pra casa!

Manuel María


AI O CARRO CARRIÑO

Os bois presos on fungueiro
Sete pitas no chedeiro
O galo no rangueiro
O can debaixo do carro
Llô amo sacando no esterco.
Ai o carro carriño
Que vida leva o proviño.!
Cantan as ras llôs paxaros
E tamén cantan os carros
Que xa van todos cargados,
O home galego madruga
O home galego traballa.
Carga o estrume, carga o esterco,
Carga o pan, carga a herba seca;
Ai o carro carriño
Que vida leva o proviño.!
Cantan as ras llôs paxaros
E tamén cantan os carros
Que xa van todos cargados;
O home galego madruga
O home galego traballa.!
Carga o millo, carga a leña,
Carga o traballo tod'ô ano;
Ai o carro carriño
Que vida leva o proviño.!
Cantan as ras llôs paxaros
E tamén cantan os carros
Que xa van todos cargados;
O home galego madruga
O home galego traballa.!
O carro cando descansa
Veralo debaixo do horro
Xa rematou a tempada
Agarda que pase a nevada.
Ai o carro cariño
Que vida leva o proviño!
Ai o carro carriño
Que vida leva o proviño.!


           Ó Son da Terra. 
          Antón Cando.

Ruta dos Boieiros

 Rôta dos Boieiros Río Eo Valeira-Benavente Ano 1864, Antonio Díaz Morán (posteriormente concelleiro e fiscal en Valeira, e con anterioridad...